
Detalles do eventos
Sinopse de ‘O home que matou a Antia Morgade’ : Seis amigos reencóntranse despois de vinte anos nunha cea o 24 de xullo de 2021,
'O home que matou a Antia Morgade' de Arantza Portabales
Sinopse de ‘O home que matou a Antia Morgade’ :
Seis amigos reencóntranse despois de vinte anos nunha cea o 24 de xullo de 2021, en Santiago de Compostela. Baixo o estrondo dos brindes e dos fogos artificiais, un disparo remata coa vida dun deles.
O inspector Santiago Abad e a subinspectora Ana Barroso terán que enfrontarse a este crime nunha nova e apaixonante investigación, e to-do apunta a que é, no pasado común deses comensais, onde se atopa a chave da súa resolución. Un tempo adolescente en que eses seis amigos compartían un piso de menores tutelado e onde aconteceu unha traxedia que marcou a todos para sempre: a morte da súa compañeira Antía Morgade.
Nunha carreira contra o reloxo, Abad e Barroso deberán dar o mellor deles para evitar un novo asasinato entre un mar de mentiras, segredos e desconfianzas.
Este venres 14 ás 19:00 horas, sinatura de Arantza Portabales na Libraría Librouro da man de Editoria Galaxia.
Máis

(Venres) 19:00
Librouro
Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra