REVISTA FEBREIRO

UB40 en Castrelos

07ago22:00UB40 en CastrelosCONCERTOS | 15,00 €22:00(GMT+02:00) Parque Castrelos

Detalles do eventos

Os británicos UB40 actuarán o mércores 7 de agosto na Finca da Marquesa para presentar o disco ‘UB45’ que recén acaba de saír publicado e co que celebran os seus 45 anos de traxectoria. Este novo traballo discográfico inclúe sete cancións novas e sete versións dalgúns dos seus temas máis icónicos como son Food For ThoughtKingTylerRed Red WineCherry Oh BabySing Our Own Song y Kingston Town.

Os de Birmingham establecéronse como banda en 1978 e escolleron o nome do grupo facendo alusión ao Unemployment Benefit Form 40, un documento para solicitar a axuda de desemprego en Reino Unido. As súas cancións con gran carga social enmárcanse no pop, reggae e dub e contaron con gran aceptación nas décadas dos 80 e os 90; ao longo destes 45 anos venderon máis de 100 millóns de álbumes. A última vez que puidemos ver a UB40 en terra galegas foi no 2022 dentro da programción do Festival Noroeste d’A Coruña.

Entradas á venda o xoves 24 de xullo

A venda para o concerto de UB40 terá lugar o mércores 24 de xullo, seguindo o novo sistema posto en marcha polo Concello de Vigo. Poderanse adquirir un total de 5.000 localidades, 4000 de xeito presencial no Auditorio de Castrelos e 1000 en liña.

Para facilitar o acceso de toda a cidadanía, independentemente do seu horario de traballo, as entradas sairán en dúas quendas (en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas e pola tarde de 16:00 a 21:00 horas). En cada quenda estarán á venda 2000 reservas físicas e 500 de xeito online a través de www.vigoenfestas.cliqueo.es.

Cada persoa poderá retirar 4 reservas nominativas, co que terán que acudir cunha copia do DNI (ou outro documento identificativo) das persoas para as que queira adquirir a reserva. As entradas para este concerto teñen un prezo único de 15,00 €.

PROGRAMACIÓN DE CONCERTOS EN CASTRELOS
13 xullo – Dani Fernández – 121.000 €
17 xullo – Una casita con encanto (infantil) – 18.137,90 €
20 xullo – Coral Casablanca – 44.165 €
23 xullo – Luis Fonsi – 245.630 €
25 xullo – Sen Senra – 116.765 €
31 xullo – Las orejas de mariposa (infantil) – 10.012,75 €
2 agosto – Luz Casal – 167.585 €
3 agosto – Aitana – 786.500 €
5 agosto – La cajita de los sueños (infantil) – 17.774,90 €
7 agosto – UB40 – 291.368 €
9 agosto – Ópera: Rigoletto – 48.763 €
12 agosto – Cantajuego (infantil) – 46.101 €
14 agosto – Víctor Manuel – 205.700 €
16 agosto – Vetusta Morla e Xoel López – 332.750 €
17 agosto – Melendi – 350.900 €

Máis

Hora

7 agosto, 2024 22:00(GMT+01:00)