Detalles do eventos
A banda británica The Kooks é a primeira confirmación do Gozo Festival 2026. Tras pasar polos festivais máis importantes de medio mundo, o grupo orixinario
Detalles do eventos
A banda británica The Kooks é a primeira confirmación do Gozo Festival 2026. Tras pasar polos festivais máis importantes de medio mundo, o grupo orixinario de Brighton, un dos máis influentes do indie-rock dos 2.000, presentará o seu último traballo Never/Know, xunto ó resto dos seus hits.
En 2026, The Kooks da comezo a unha xira que promete ser unha homenaxe á súa traxectoria, desde os himnos que marcaron a toda unha xeración ata os seus temas máis recentes. Un regreso que confirma a vixencia dunha banda en constante evolución. No marco da mesma, só ofrece tres datas en España, unha delas en Galicia.
A cita terá lugar o xoves 5 de marzo na sala coruñesa Pelícano e as entradas saen á venda o venres 19 de setembro ás 10:00 h en Live Nation e Ticketmaster.
O Gozo Festival leva tres anos traendo a grandes artistas internacionais ós escenarios galegos e dando a coñecer a nosa comunidade. Así, consolidouse como un dos eventos musicais máis exitosos de Galicia, reunindo a máis de 170.000 asistentes no que leva de historia.
Hora
5 marzo, 2026 Todo o día(GMT+01:00)
Localización
Pelícano (A Coruña)
Los Cantones, Avenida do Porto, 3, 15003 A Coruña
Hoxe móvese
agosto


