06xuñ21:30O Gozo Festival: GarbageFESTIVAIS E FEIRAS | 51,00 €21:30(GMT+02:00) Pelícano (A Coruña)
Detalles do eventos
O Gozo Festival contará co concerto da icónica banda estadounidense Garbage que actuará o 6 de xullo, ás 21:30h, na Sala Pelícano da Coruña, dentro da súa esperada
Detalles do eventos
O Gozo Festival contará co concerto da icónica banda estadounidense Garbage que actuará o 6 de xullo, ás 21:30h, na Sala Pelícano da Coruña, dentro da súa esperada xira de despedida. Este concerto será especialmente relevante ao tratarse da súa primeira actuación en Galicia e unha das tres únicas datas confirmadas en España este verán.
Garbage é unha banda de rock alternativo formada en 1993 en Madison (Wisconsin, EUA) e coñecida pola súa mestura de rock, electrónica e pop escuro. O grupo está liderado pola cantante escocesa Shirley Manson, xunto cos produtores e músicos Butch Vig, Duke Erikson e Steve Marker, todos eles moi influentes tamén no ámbito da produción musical dos anos 90. Garbage acadou fama internacional co seu álbum debut homónimo en 1995 e con cancións como ‘Stupid Girl’, ‘Only Happy When It Rains’ ou ‘Queer’, que se converteron en himnos da época. Ao longo da súa carreira mantiveron un son característico, combinando guitarras distorsionadas con capas electrónicas e unha estética algo melancólica.
Nesta xira presentan o seu oitavo álbum, Let All That We Imagine Be The Light, que naceu de maneira inesperada tras unha situación crítica: en agosto de 2024, Shirley Manson, a súa cantante e líder carismática, sufriu o agravamento dunha antiga lesión que lle impediu continuar coa xira.
As entradas teñen un prezo de 51,00 € e poden adquirirse na web de Livenation.
Programa Gozo Festival:
6 de xullo na Sala Pelícano da Coruña – Garbage
11 de xullo no Monte do Gozo de Santiago de Compostela – Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora e Miriam Rodríguez – Entradas
Hora
6 xuño, 2026 21:30(GMT+02:00)
Localización
Pelícano (A Coruña)
Los Cantones, Avenida do Porto, 3, 15003 A Coruña
Hoxe móvese
xullo


