O Furancho – A Movida

setembro, 2018

08set21:30O FuranchoTEATRO | Desde 8,00 €21:30 Sala Ártika

Máis

Detalles do evento

Ibuprofeno Teatro inaugura a tempada na Sala Ártika de Vigo coa súa comedia ‘O Furancho’. Isabel Risco e Marián Bañobre son as protagonistas desta proposta con texto e dirección de Santiago Cortegoso que poderá verse na sala da cidade olívica o venres 7 e o sábado 8 de setembro ás 21:30 h, haberá tamén función o domingo 9 ás 20:00 horas.

O Furancho é unha comedia na que a través da metáfora gastronómica se reflexiona sobre cuestións que afectan á sociedad contemporánea como a pobreza cultural, ou as escollas que facemos e como estas nos definen.

O espectáculo que se estreou o 27 de febreiro de 2015 no Auditorio Municipal de Cangas percorreu gran parte da xeografía galega. Recibiu o Premio María Casares ao Mellor Vestiario e o Premio FETEGA (Festival do Carballiño) ao Mellor Espectáculo e Mellor Actriz (Isabel Risco).

As entradas para as funcións na Sala Ártika de Vigo están á venda na web de ticketea. Poderán adquirirse tamén no despacho de billetes da sala media hora antes de cada función.

Hora

(Sádado) 21:30

Lugar

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

X