Este é un evento repetitivo12 novembro, 2025
Detalles do eventos
A Xunta e a Deputación de Pontevedra poñen en marcha unha serie de visitas guiadas ao interior do Teatro Cine Fraga durante os meses de outubro e novembro.
Detalles do eventos
A Xunta e a Deputación de Pontevedra poñen en marcha unha serie de visitas guiadas ao interior do Teatro Cine Fraga durante os meses de outubro e novembro.
A visita transcorre en catro espazos do inmoble, onde os visitantes, acompañados por un guía titulado, poderán afondar na historia e detalles deste edificio de máis de 7.000 metros cadrados incluído no Patrimonio Cultural de Galicia e ideado hai máis de 80 anos por encargo de Isaac Fraga Penedo, un dos exhibidores cinematográficos máis importantes da comunidade naquela época.
As visitas que se desenvolverán no mes de outubro están reservadas para aquelas persoas que participaron na campaña ‘O mellor espazo busca o mellor contido’, que permitiu recompilar ideas, achegas e propostas da cidadanía para enriquecer o plan de usos do edificio. Todos eles recibirán esta mesma semana un convite.
A partir do mes de novembro, o programa abrirase para todo o conxunto da cidadanía que poderán facer as súas reservas
a través do número de teléfono 986 118 227. As visitas celebraranse todos os mércores do mes en tres quendas ás 12,30, 16,00 e 17,00 horas con ata un máximo de 15 asistentes para optimizar a experiencia.
Hora
5 novembro, 2025 Todo o día(GMT+01:00)
Localización
Pórtico do cine Fraga
36201, Rúa do Uruguai, 1, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
novembro



