
‘O fío do Clasicismo’
28out20:30‘O fío do Clasicismo’CONCERTOS | Desde 5,00 €20:30(GMT+02:00) Teatro Afundación
Detalles do eventos
A Clásica ofrece o sábado o concerto ‘O fío do Clasicismo’. Será no Teatro Afundación de Vigo ás 20:30 horas. Centrarase nun dos binomios máis
Detalles do eventos
A Clásica ofrece o sábado o concerto ‘O fío do Clasicismo’. Será no Teatro Afundación de Vigo ás 20:30 horas. Centrarase nun dos binomios máis importantes da historia da música, formado entre Wolfgang Amadeus Mozart e Ludwig van Beethoven.
Este segundo concerto da tempada ‘Son propio’ leva ao público a un dos binomios máis importantes da historia da música, formado entre Wolfgang Amadeus Mozart e Ludwig van Beethoven. Os dous artistas que constitúen a bisagra entre o clasicismo e o romanticismo, cunha produción artística que se mostra en moitas ocasións engarzada.
A primeira das obras interpretadas será Abertura de Iphigenia in Aulide, de C. W. Gluck, unha obra composta polo artista que configura a estrutura da ópera alemá do clasicismo e cuxos pasos seguirán os compositores posteriores da súa contorna -Mozart e Beethoven entre eles-. O final que se interpretará desta obra foi composto por Mozart, mostrando novamente a vixencia e importancia desas conexións estilísticas.
Severino Ortiz Rey será o solista convidado pola Clásica para interpretar Concerto para piano nº 20 en re menor K466, de W. A. Mozart, o cal conta cunha cadencia escrita polo mozo pianista e admirador seu, Beethoven. Por último, o programa rematará coa interpretación da Sinfonía Nº 1, Op. 21, de Beethoven, unha interesante obra composta en 1800 e que segue os principios do clasicismo co seu indiscutible estilo persoal.
Entradas: As entradas están á venda en Ataquilla.com a un prezo desde 5 a 15 euros. Na billeteira custarán 5 euros para menores de 30 anos.
Máis
Hora
28 outubro, 2023 20:30(GMT+01:00)
Localización
Teatro Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmarzo
- Mes actual