Proxección 'Os espazos en branco'
Detalles do eventos
O novísimo director vigués Bruno Arias gañou este ano o Mestre Mateo ao Mellor Documental coa súa ópera prima ‘Os espazos en branco’, unha peza en que indaga
Detalles do eventos
O novísimo director vigués Bruno Arias gañou este ano o Mestre Mateo ao Mellor Documental coa súa ópera prima ‘Os espazos en branco’, unha peza en que indaga sobre a memoria a través da historia da súa tía, falecida cando el tiña cinco anos, a poeta Xela Arias. O filme chegará por fin a Vigo vunha proxección o venres ás 20:00h nos Tamberlick.
Aquí podedes ler a entrevista que lle fixemos a Bruno para a revista de maio.
Sipnose: Un diálogo coa ausencia, unha viaxe polos camiños da memoria. Unha carta entre o presente e o pasado. Os espazos en branco é unha crónica do intento de Bruno de ir máis alá da figura pública de Xela Arias e atopar nela unha persoa: a súa tía.
Como podes amar a alguén que non coñeces? Que parte do que somos provén de imaxes que non temos? Canto hai de persoa nos recordos que quedan sobre ela? Preguntas universais que describen un conflito interno, unha contradición, unha ferida a curar a través da ferramenta que mellor explora os sentimentos humanos: o cine.
Máis
Hora
8 novembro, 2024 20:00(GMT+01:00)
Localización
Cines Tamberlick (Plaza Elíptica)
Praza Francisco Fernández del Riego, s/n, Santiago de Vigo, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes