REVISTA FEBREIRO

Festival Nas Ondas: 'Beltenebros' con Javier Martín

07feb20:00Festival Nas Ondas: 'Beltenebros' con Javier MartínFESTIVAIS E FEIRAS | De balde20:00(GMT+01:00) Conservatorio Superior (O Castro)

Detalles do eventos

O X Festival de Música e das Artes Nas Ondas desenvolverase entre o 6 de febreiro e o 5 de xuño de 2025 no Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSMV). O evento está composto por 55 eventos, gratuítos e de libre entrada ata completar o aforo nos que se aposta pola produción propia, a presenza de intérpretes procedentes de
diferentes institucións europeas e a posta en valor da música galega

No festival teñen cabida concertos, talleres, clases maxistrais e ponencias. Como ven sendo habitual, articúlase en istintos ciclos: De Piano, Semana da Música Antiga, , PercusiónFest, Saxornadas, Explurart, Abrente, SonErasmus e as Letras Galegas. A estes xa tradicionais ciclos este ano, o ano do X aniversario do festival, engádense dúas novidades: a Semana da Produción e Xestión e a Semana da Música Tradicional. Nesta edición de aniversario o conservatorio quere celebralo como se merece con dous eventos moi especiais. O coreógrafo e bailarín Javier Martín vai presentar o seu novo espectáculo Beltenebros e o afamado clarinetista Damjan Begovic porá a guinda a unha edición inesquecible.

Nas Ondas 2025 pon de manifesto unha vez máis o dinamismo do CSMV, o seu interese e compromiso coa cultura e, sobre todo, a vontade de ofertar á sociedade unha programación musical e artística de calidade que amose o impacto nacional e internacional do noso conservatorio e a excelencia do traballo desenvolto pola súa comunidade educativa.

Concertos da primeira semana:

“Amicus Certus”
Marta Vélez Pérez (directora)
06.02.2025, Auditorio Martín Códax, CSM Vigo. 20 horas.

CONCERTO X ANIVERSARIO NAS ONDAS
Beltenebros
Javier Martín (coreógrafo), Haruna Takebe (piano), Masako Hattori (camarógrafa e performer)
07.02.2025, Auditorio Martín Códax, CSM Vigo. 20 horas

Beltenebros é un espectáculo do coreógrafo Javier Martín coa pianista Haruna Takebe e a camarógrafa e erformer Masako Hattori, que parte do estudo, desenvolvemento e posta en práctica de tecnoloxías somáticas diversas. Un proxecto coreográfico que se achega ao concerto performativo e ao cinema expandido, que indaga na necesidade e o desexo de bailar a través de distintas epistemes, como modo para reinterpretar os síntomas do corpo disfórico e desfacerse do caos sobrante propio da época que compartimos.
Inspirado nas danses macabres ou danzas da morte que se estenderon por Europa na Alta Idade Media, como xénero artístico para recordar a universalidade da morte e a finitude dos placeres, Beltenebros presenta unha danza de intención satírica e política, mais poética. Un baile macabro que introduce o xogo como alegoría, abrindo o campo da acción, e que indaga no “belo e tenebroso”, aquel arquetipo que coa súa presenza transforma -ao seu pesar- o contexto e as persoas, producindo situacións disonantes e imaxes alternas; raras e fermosas ao mesmo tempo.

Máis

Hora

7 febreiro, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

Conservatorio Superior (O Castro)

Calle de Manuel Olivie, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events