CASTRELOS 25

02xul21:30O festival Arteficial inaugura en Vigo a súa xira de presentaciónCONCERTOS | -21:30(GMT+02:00) Sala Kominsky

Detalles do eventos

A Asociación Arteficial organiza o ‘Festival Arteficial’ do 5 ao 6 de setembro en Rivadabia. A modo de presentación, celebran unha xira de eventos musicais por diferentes concellos galegos, sendo a Sala Kominsky de Vigo a súa primeira localización, o mércores 2 de xullo ás 21:30 h.

Deste xeito, consolidan o seu espírito comunitario con actividades culturais e actuacións musicais; apostando pola descentralización cultural a través da conexión con outras comunidades.

A Xira Arteficial 2025 celébrase do 2 ao 6 de xullo da man de Stereo Madness, un grupo con base en Madrid e raíces en Benicàssim, que traballa xéneros como o funk, disco, groove e electro. Emprégase un formato DJ set + talkbox en directo, unha marca propia deste proxecto. Nas distintas presentacións anunciarase o cartel completo do festival de Rivadabia.

As datas e localizacións da Xira Arteficial son as seguintes:

  • Mércores 2 de xullo, 21:30 h: Vigo, Sala Kominsky
  • Venres 4 de xullo, 21:00 h: O Rosal, Jota Jota Discotasca.
  • Sábado 5 de xullo, 19:00 h: Ourense, El Pueblo Café Cultural.
  • Domingo 6 de xullo, 12:00 h: Ribadavia, A Pegada do Gato.
  • Domingo, 6 de xullo, 19:00 h: Merexo, Muxía; Camping Lago-Mar.

Cunha clara aposta polas propostas gratuítas e accesibles, durante as presentacións deste ano ofreceranse consumicións gratuítas de Alhambra, Povarelo e Gran Alanís ás primeiras persoas en chegar. Ademais, colabórase con colectivos locais e iniciativas como a Asociación Galega de Profesionais de Xestión Cultural (AGPXC) e o Pacto de Cultura Sustentable.

Ademais, a organización anuncia que este ano, no caso de que as condicións meteorolóxicas durante os días do festival non sexan favorables, o evento trasladaríase á Praza Maior de Rivadabia. Non obstante, se o tempo o permite, manterase o habitual escenario no barrio da Madalena.

Máis

Hora

2 xullo, 2025 21:30(GMT+02:00)

Localización

Sala Kominsky

Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events