OFEITOAMAN

20nov(nov 20)18:0015xan(xan 15)23:00OFEITOAMANFESTIVAIS E FEIRAS(novembro 20) 18:00 - (xaneiro 15) 23:00(GMT+01:00) Praza Compostela

Detalles do eventos

Despois dun ano sen casetas de Ofeitoaman, volven con máis forza que nunca e nesta edición estrean ubicación e datas. A feira vaise desenvolver na Alameda da Praza de Compostela, desde o 20 de novembro ás 18h ata o 15 de xaneiro de 2022.

Ofeitoaman celebrarase dentro do Mercado de Nadal de Vigo, nun espazo diferenciado do resto dos postos de venda.

Nesta edición, a feira conta cun total de 30 participantes, cinco deles cunha exposición temporal: Amorei, Ardentía, Artesave, Boro, Bruxarte, Chueco, CoiRaxe, Emilio Soler, Errealkubo, APAMP, Asociación Oleirra de Buño, Códice, Eferro, Mar Barral, Flecharte, Geli Fraga, Hieros, Ivindi, Joyas de papel, Laia zapateiros, las flores de greta, Latonta y larubia, Lamecú, Mario López, Mestura de Kores, Montse Betanzos, Paznavas, Santin, Silvereira e Zimzelatum. Pódese consultar o listado detallado de expositores en: www.ofeitoaman.org

O seu horario xeral será de 11 a 14 e de 18 a 23 h. Os días 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro, permanecerá pechada.

Máis

Hora

Novembro 20 (Sábado) 18:00 - Xaneiro 15 (Sábado) 23:00(GMT+01:00)

Localización

Praza Compostela

Praza de Compostela 36201 Vigo Pontevedra

Other Events