O espello das palabras: Xénero e ficción – A Movida

maio, 2018

03mai19:30O espello das palabras: Xénero e ficciónCONVERSA | De balde19:30 Casa del Libro

Máis

Detalles do evento

Conversas con… Xina Vega, Inma López Silva e Teresa Moure

O próximo 3 de maio, xoves, o Ateneo Atlántico propón unha nova conversa entre autoras galegas dentro do seu modelo de Espello das palabras.

O acto, que terá lugar na Casa do libro (Velázquez Moreno 27, Vigo) ás 19.30 horas, contará coa presenza de tres mulleres, tres escritoras galegas, as tres gañadoras no seu momento do Premio Xerais de novela. Estamos a falar de Inma López Silva, Teresa Moure e Rexina Vega.

Na traxectoria do Ateneo de organizar actividades centradas no mundo feminino, a proposta é que as tres invitadas conversen arredor da proposta ‘Xénero e ficción’.

Actuará de presentadora e moderadora Ana Fresco.

Hora

(Xoves) 19:30

Lugar

Casa del Libro

Rúa Velázquez Moreno, 27, 36202 Vigo, Pontevedra

Organizador

X