CAMELIAS NADAL

29nov(nov 29)12:3031xan(xan 31)20:30O Espello da IdentidadeARTE E MUSEOS | De balde(novembro 29) 12:30 - (xaneiro 31) 20:30(GMT+01:00) La Contenedora

Detalles do eventos

Desde La Contenedroa propoñen unha profunda viaxe sobre a imaxe como espazo de recoñecemento e de perda. Inspirada no xenial cinema de Andrei Tarkovski (O Espello), esta mostra convida a pensar na memoria, no tempo e no noso propio eu a través do reflexo.

​Como na súa obra, as imaxes aquí son fragmentos dun tempo interior: lembranzas que se reconstrúen, rostros que se difuminan, instantes que volven para ser vistos doutro xeito. A mirada do artista proxéctase no motivo, e a do espectador devolve ese xesto, completando o círculo do reflexo. A cámara convértese así nun espello expandido, onde o suxeito se atopa e se perde ao mesmo tempo.

A exposición inaugúrase o 29 de novembro ás 12:30h nunha sesión vermut, e estará dispoñible ata o 31 de xaneiro.

Hora

29 novembro, 2025 12:30 - 31 xaneiro, 2026 20:30(GMT+01:00)

Localización

La Contenedora

Rúa de Eduardo Iglesias, 11, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events