O ensanche decimonónico de Vigo

18xan19:00O ensanche decimonónico de VigoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Colexio Oficial de Arquitectos

Detalles do eventos

Charla con Nacho Hortas e Ramón Viéitez, ambos arquitectos. Mércores 18 de xaneiro de 2023, ás 19 horas, na delegación en Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia ( rúa Dr. Cadaval 5).
O conxunto histórico do Ensanche é o tecido construído de maior calidade da cidade tanto polas pezas arquitectónicas de excepcional feitura que posúe como polo seu alto valor urbano froito das extraordinarias condición espaciais que se manteñen e estenden nas súas 72Ha. que abarcan conformando unha identidade espacial clara.
A súa importancia non so radica na sobranceira calidade arquitectónica e urbana senón tamén porque representa a sociedade industrial que transformou unha pequena vila sen importancia na contorna na meirande cidade de Galicia.
Ademais de falar das súas características, do estado de conservación no que se atopa, e da tremenda potencialidade que aínda posúe, esta charla/debate pretende fomentar un debate necesario na cidadanía para poñer en valor este patrimonio único e decidir se debemos telo en conta como un dos puntos de partida mais importantes no desenvolvemento da urbe.

Máis

Hora

(Mércores) 19:00(GMT+01:00)

Localización

Colexio Oficial de Arquitectos

Rúa Doctor Cadaval, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events