REVISTA A MOVIDA >

27mai19:30O director Ángel Santos presenta este mércores 'Así chegou a noite' nos cines TamberlickACTIVIDADES PARA O COCO | Desde 5,30 €19:30(GMT+02:00) Cines Tamberlick (Plaza Elíptica)

Detalles do eventos

Esta semana os vigueses e viguesas temos unha nova oportunidade de ver o último filme do director de Marín, Así chegou a noiteproxectarase o mércores 27 ás 19h30 nos cines Tamberlick e tras a proxección o público poderá asistir a un coloquio co director, que estará acompañado pola directora de A Movida, Tamara Novoa.

Así chegou a noite é un filme rodado integramente en Galicia no que explora temas como as relacións de parella, a necesidade de romper os vínculos co pasado ou a tentación de desaparecer. Un drama intimista coa identidade como tema central que supón un novo paso de madurez na ficción galega de autor.

Protagonizada por Denís Gómez (Pablo) e Violeta Gil (Andrea), en Así chegou a noite, un escultor establece o seu taller nunha apartada zona rural da costa galega. Aos poucos irá illándose da súa contorna, cortando todo contacto con amigos e familiares. Cando unha antiga amante acuda ao seu encontro provocará a reflexión do escultor sobre o seu desexo de illamento e a necesidade dunha nova fuxida.

Despois de pasar por múltiples festivais como o de Uruguai, BAFICI (Arxentina) o D’A de Barcelona ou o Festival Internacional de Cine de Xixón -no que Santos gañou o galardón á mellor dirección da Sección Oficial Internacional-, o filme estivo nas salas de cine e agora volve aos cines Tamberlisk nesta sesión especial. 

Ángel Santos (Pontevedra, 1976)

Cineasta galego en activo desde 2002. É autor entre outros dos curtametraxes Septiembre (2004), O cazador (2008), Así vendrá la noche (2021) e das longametraxes Dos fragmentos/Eva (2012) e Las altas presiones (2014), premio Nuevas Olas no Festival de Sevilla. Como docente está implicado desde hai unha década no proxecto de educación nas aulas Cinema en Curs. É cofundador de Novos Cinemas, Festival Internacional de Cinema de Pontevedra do que foi director artístico durante o seu primeiras cinco edicións (2015-2019). Desde a súa propia produtora Amateurfilms, produce e impulsa proxectos propios ou de cineastas como Santos Díaz, Pablo García Canga ou Iván Castiñeiras.

Entradas aquí.

Hora

27 maio, 2026 19:30(GMT+02:00)

Localización

Cines Tamberlick (Plaza Elíptica)

Praza Francisco Fernández del Riego, s/n, Santiago de Vigo, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events