>

07ago(ago 7)20:0014(ago 14)23:00Concurso Internacional de Piano Cidade de VigoFESTIVAIS E FEIRAS | -20:00 - 23:00 (14)(GMT+02:00) Vigo

Detalles do eventos

Horario aproximado por confirmar

O Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo celebra este verán a súa décima edición como un dos eventos do xénero máis relevantes de Galicia. O certame, que terá lugar do 7 ao 14 de agosto, reuniu nesta ocasión preto de 400 participantes procedentes de 77 países dos cinco continentes, unha cifra récord na súa historia.

A edición de 2026 estará dedicada ao pianista austríaco Alfred Brendel e incorpora como principal novidade o I Concurso Internacional de Piano Vigo Junior, pensado como un trampolín para as novas promesas do instrumento.

Un dos sinais de identidade do certame será a instalación dun piano de cola na rúa do Príncipe entre os días 7 e 14 de agosto. O instrumento permanecerá aberto ao público para que calquera persoa poida achegarse a interpretalo, levando a música clásica ao espazo urbano e convidando a cidadanía a formar parte do ambiente do festival. As persoas interesadas en tocas deben enviar un email a info@vigopianocompetition.com indicando nome e data na que se desexa tocar.

A programación arrancará o 7 de agosto cun dobre concerto. Por unha banda, actuarán os gañadores do concurso júnior e, pola outra, celebrarase o concerto inaugural protagonizado pola lendaria pianista Martha Argerich xunto ao director artístico do certame, Pablo Galdo. O programa inclúe O carnaval dos animais, de Camille Saint-Saëns, coa narración do actor británico Jeremy Irons, gañador dun Premio Óscar.

O concurso culminará o 14 de agosto cunha gran final no Auditorio Mar de Vigo, na que os finalistas actuarán acompañados pola Orquestra Sinfónica de Galicia, pechando unha edición que volverá reunir na cidade a algúns dos pianistas con maior proxección internacional.

Máis información

Hora

7 agosto, 2026 20:00 - 14 agosto, 2026 23:00(GMT+02:00)

Localización

Vigo

36201 Vigo, Pontevedra

Other Events