05set10:29O Concello ofrece viaxes gratuítas a Cíes para as familias viguesasPEQUERRECHOS | De balde10:29(GMT+02:00) Porto de Vigo

Detalles do eventos

O Concello de Vigo ofrece entre o 5 de setembro e o 7 de outubro 2.000 prazas gratuítas para visitar as Illas Cíes. A actividade dirixida ás familias viguesas inclúe unha ruta de sendeirismo pola illa e unha xincana familiar.

O alcalde explicou este venres que se trata dunha actividade gratuíta dirixida a familias empadroadas en Vigo, con algún menor a cargo, para que coñezan a riqueza xeolóxica e natural do arquipélago. “É un programa de gran contido. Queremos que as Cíes sexan recoñecidas no mundo pola importancia que teñen, polo que significan medioambientalmente e que, máis adiante, sexan Patrimonio da Humanidade”.

O Concello ofrece 2.000 prazas na www.xuventudevigo.org na que as familias poden reservar desde hoxe mesmo a viaxe algún dos nove barcos que partirán da Estación Marítima os días 5, 6, 7, 8, 10, 23 e 30 de setembro e os días 1 e 7 de outubro. A saída será ás 10:30 horas da mañá e o regreso a Vigo ás 18:30.

A actividade nas Cíes inclúe unha ruta de sendeirismo e unha visita guiada para coñecer a riqueza xeolóxica, a lagoa dos nenos, a historia da formación da ría e do arquipélago e, pola tarde realizarase unha xincana familiar na que se xogará coas aprendizaxes da visita.

Programa da actividade:

‘O SEGREDO DAS ROCHAS’ RUTA DE SENDEIRISMO + VISITA GUIADA
En grupos de 25 persoas, acompañados dun guía acreditado do Parque Nacional, farase unha visita guiada polas Illas nesta ruta de sendeirismo eminentemente participativa. Durante o paseo poderán gozar das Illas observando e comprendendo a súa riqueza xeolóxica, desde a lagoa dos nenos, a falla de Rodas e os alveolos e pías característicos da paisaxe natural das Illas Cíes. Durante a Ruta mostraranse os aspectos más destacables da riqueza xeolóxica das Illas Cíes.
Coñeceremos a formación das Rías e das Cíes fai miles de anos, a través da falla de Rodas que atravesa as Illas, na lagoa dos nenos. De este xeito, comprenderemos a historia xeolóxica da costa atlántica galega e das Rías Baixas. Visitaremos a duna e praia fósil, para coñecer o ciclo xeolóxico: cómo o a rocha de granito chega a transformarse nun gran de area de praia. Ademáis, durante a ruta veremos diferentes exemplos de erosión química nas formacións rochosas. Formacións tan singulares e curiosas como son os taffoni, pías e alveolos. Unha xornada de divulgación nun entorno natural para mostrar unha riqueza natural e paisaxística menos coñecida.

XINCANA
Pola tarde realizarase unha proba por equipos: unidades familiares ou de convivencia. A actividade é lúdica e divulgativa, relacionada coas Illas Cíes e coa ruta da mañá. Consiste en resolver unha serie de dinámicas que fomentan habilidades de
coñecemento, enxeño, reflexos, entre outras, poñendo especial atención no patrimonio xeolóxico das Illas visitado.

Hora

5 setembro, 2023 10:29(GMT+02:00)

Localización

Porto de Vigo

Cánovas del Castillo 3 36202 Vigo

Other Events