Detalles do eventos
Entre o 15 e o 20 de xuño desenvolverase en oito concellos galegos o ciclo de faladoiros Arredor do té, unha iniciativa de sensibilización sobre a causa saharauí
Detalles do eventos
Entre o 15 e o 20 de xuño desenvolverase en oito concellos galegos o ciclo de faladoiros Arredor do té, unha iniciativa de sensibilización sobre a causa saharauí impulsada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e entidades locais socias, coincidindo co Día Mundial das Persoas Refuxiadas.
As charlas, impartidas por activistas saharauís, arrancan este luns día 15 en Vigo, na Sede da Deputación de Pontevedra. Logo a iniciativa pasará por Lugo, Muros, Corcubión, Pontedeume, Mugardos, Burela e Santiago de Compostela, en espazos municipais e educativos. A actividade enmárcase tamén na conmemoración do 50 aniversario da proclamación da República Árabe Saharauí Democrática (RASD).
O ciclo toma como referencia o ritual do té na cultura saharauí, entendido como un espazo de encontro, hospitalidade e conversa, que serve aquí como punto de partida para achegar testemuños directos sobre a vida nos campamentos de persoas refuxiadas de Tinduf (Alxeria).
Os encontros buscan visibilizar a situación do Sáhara Occidental, combater a desinformación e poñer o foco nas condicións de vida da poboación refuxiada, así como no papel das mulleres na resistencia e nos programas de cooperación e apoio internacional. Na actualidade, máis de 170.000 persoas viven nos campamentos de refuxiados de Tinduf, nun contexto de longa duración marcado polo conflito político e a falta dunha solución definitiva.
Hora
15 xuño, 2026 19:00(GMT+02:00)
Localización
Sede da Deputación de Pontevedra
Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xullo


