REVISTA A MOVIDA >

22mai12:00O Ciclo Conexións volve encher de música as rúas da cidade cunha trintena de actuaciónsCONCERTOS | De balde12:00(GMT+02:00) Praza da Pedra

Detalles do eventos

O Concello de Vigo e a Fundación Mayeusis presentaron a nova edición do Programa Cultural Conexións, que volverá encher rúas e espazos da cidade con máis de 30 actuacións ó longo dos meses de maio, xuño e setembro. A música, a
danza e as artes escénicas percorrerán unha vintena de localizacións como a Praza da Pedra, o Mercado de Teis ou a Alameda de Bouzas, co obxectivo de achegar a arte á cidadanía e integrala na vida cotiá dos vigueses.

Esta edición incorpora novidades pensadas para ampliar públicos, como a presenza das artes escénicas con propostas dirixidas incluso a bebés, entre elas o espectáculo PITIMINÍ, un concerto sensorial e participativo, ou OENI, que mestura danza, música e teatro. Outra das grandes apostas será a música medieval, que conectará co patrimonio románico da cidade: as tres igrexas románicas de Vigo acollerán concertos creados especificamente para estes espazos, establecendo un diálogo único entre arquitectura e son.

Conexións volverá abrazar Vigo facendo que toda a poboación teña acceso libre a espectáculos artísticos de calidade no seu día a día.

O xoves 21 de maio ás 12:00 h este ciclo leva a música clásica ó exterior do mercado de Teis. Luis Caballero ó violonchelo, Samuel Serrano ó piano e Yago Vázquez Pateiro á frauta traveseira serán os encargados de encher a praza con composicións de Morricone, Bach ou Mozart. O venres 22 hai programadas dúas actuacións: ás 12:00 h o espectáculo escénico OENI terá lugar na Praza da Pedra e ás 19:30 h o Grupo Conexións Dixie tocará no Paseo de Alfonso.

PROGRAMACIÓN COMPLETA

  • 19/05 (Martes) — 11:30 — CNXS Folk — Príncipe (Marco)
  • 21/05 (Xoves) — 12:00 — CNXS Clásico — Mercado de Teis
  • 22/05 (Venres) — 12:00 — CNXS Artes Escénicas — Praza da Pedra
  • 22/05 (Venres) — 19:30 — CNXS Moderno DIXIE — Paseo de Alfonso
  • 26/05 (Martes) — 12:00 — CNXS Clásico — Alameda de Bouzas
  • 28/05 (Xoves) — 12:00 — CNXS Moderno DIXIE — Praza do Emigrante
  • 31/05 (Domingo) — 12:30 — CNXS Voz — Paseo de Alfonso
  • 02/06 (Martes) — 12:00 — CNXS Clásico — Praza de Independencia
  • 04/06 (Xoves) — 12:00 — CNXS Folk — Mercado del Calvario
  • 05/06 (Venres) — 12:00 — CNXS Moderno DIXIE — Príncipe Zona Marco
  • 06/06 (Sábado) — 19:30 — CNXS Folk — Paseo de Alfonso
  • 06/06 (Sábado) — 19:00 — CNXS Big Band — Villa Solita
  • 07/06 (Domingo) — 12:30 — CNXS Medieval — Auditorio Fund. Mayeusis
  • 09/06 (Martes) — 12:00 — CNXS Clásico — Ronda de D. Bosco
  • 11/06 (Xoves) — 12:00 — CNXS Folk — Mercado de Teis
  • 14/06 (Domingo) — 12:00 — CNXS Artes Escénicas PITIMINI — Navia
  • 16/06 (Martes) — 12:00 — CNXS Folk — Porta do Sol
  • 18/06 (Xoves) — 12:00 — CNXS Moderno DIXIE — Miragaia / R. de Castro
  • 20/06 (Sábado) — 19:00 — CNXS Artes Escénicas PITIMINI — Parque de Castrelos
  • 21/06 (Domingo) — 12:00 — CNXS Folk Banda de Gaitas — Porta do Sol
  • 23/06 (Martes) — 12:00 — CNXS Folk — Praza da Pedra
  • 25/06 (Xoves) — 12:00 — CNXS Clásico — Alameda de Bouzas
  • 27/06 (Sábado) — 12:30 — CNXS Voz — Paseo de Alfonso
  • 27/06 (Sábado) — 19:30 — CNXS Moderno SICIXIA — Paseo de Alfonso
  • 30/06 (Martes) — 12:00 — CNXS Voz — Mercado do Calvario
  • 06/09 (Domingo) — 12:30 — CNXS Moderno SICIXIA — Barrios Cabral
  • 06/09 (Domingo) — 12:30 — CNXS Medieval — Igrexa Románica (Coruxo)
  • 08/09 (Martes) — 12:00 — CNXS Clásico — Peatonal Calvario
  • 10/09 (Xoves) — 12:00 — CNXS Artes Escénicas — Praza Independencia
  • 13/09 (Domingo) — 12:30 — CNXS Clásico — Barrios Matamá
  • 13/09 (Domingo) — 12:30 — CNXS Medieval — Igrexa Románica (Castrelos)
  • 15/09 (Martes) — 12:00 — CNXS Folk — Paseo de Bouzas
  • 17/09 (Xoves) — 12:00 — CNXS Moderno — Praza de Compostela
  • 20/09 (Domingo) — 12:30 — CNXS Medieval — Igrexa Románica (Bembrive)
  • 26–27/09 (Sábado-Domingo) — 12:30 — IV Encuentro Conexións — Por definir

Hora

22 maio, 2026 12:00(GMT+02:00)

Localización

Praza da Pedra

Praza da Pedra 36202 Vigo Pontevedra

Other Events