REVISTA ABRIL

O chineiro da tía María

26dec17:00O chineiro da tía MaríaPEQUERRECHOS | De balde17:00(GMT+01:00) San Xosé Obreiro

Detalles do eventos

Aínda que a xente grande se farte de escoitar os nosos “e por que isto…? E por que isto outro…?”, é de intelixentes querer saber o porqué das cousas. Se á xente grande se lles acaba a paciencia e deixa de responder as nosas dúbidas, non hai máis que ir á casa da tía María, á que nada lle preguntabas e todo che dicía. Na súa cociña ten un chineiro que nin que fose máxico! Sempre ten sabias respostas a calquera pregunta que lle poidas formular. Que é, que será, o que a Tta María fai por alí garda?

O chineiro da tía María, é unha contada que usa a técnica tradicional de Italia do “cantastorie”, no que se mestura a narración, as pinturas en grandes lenzos e a música.

Duración: 50 – 60 min
A trama xeral está protagonizada pola propia narradora, Chus Caramés, que recibe resposta de “a tía María” a través dos contos e cancións que atesoura no chineiro da súa casa, ás súas innumerables preguntas sobre as cousas que a rodean.

Luns 26 ás 17:00

Máis

Hora

(Luns) 17:00(GMT+01:00)

Localización

San Xosé Obreiro

Rúa Vázquez Varela, 56, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events