VIALIA
bannerPicnicSesions

O charco de Ulises

19nov20:00O charco de UlisesCONCERTOS | 8,00€20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Centro Dramático Galego | 100′ | Galego

Versión libre da Odisea, traspasada a un contexto transatlántico. Do mar ao océano. De Itaca a Galicia. De Troia a Bos Aires. Do Mediterráneo ao Atlántico. A trama discorre en paralelo ao clásico de Homero, xerando un diálogo co mito orixinal, para tratar o fenómeno da emigración galega cun marcado compoñente poético. Ulises permanece errante durante dez anos viaxando de illa en illa, vivindo aventuras inesquecibles, entre suculentos banquetes e fermosas mulleres. A idea do regreso á patria non o abandona nunca, pero a súa vida non había transcender se non saíra dela.

Autoría: Santiago Cortegoso
Dirección e adaptación: Marián Bañobre e Santiago Cortegoso
Escenografía: Pablo Giráldez “O Pastor”
Vestiario: Saturna
Iluminación: Salvador del Río
Espazo sonoro e música en escena: Xosé Lois Romero
Coreografía: Ezequiel Merlo
Traballo de voz: María Costas
Caracterización: Baia Fernández
Asistencia de dirección: Carmela Bueno
Asistencia de produción: Xandre Vázquez
Elenco artístico: Óscar Allo, Miguel Borines, Mónica Camaño, Rosalía Castro, Raquel Espada, Manuel Millán, Fran Paredes, Chusa Pérez de Vallejo, Inés Salvado Gontad e Paulo Serantes

Entradas anticipadas (sen gastos de xestión)
• A través da páxina web de Giglon (www.giglon.com).
• Na Librería Librouro (Eduardo Iglesias 12, Vigo), en horario de luns a sábado, de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.
• O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles).

O público entre 12 e 18 anos poderá beneficiarse dun 30% de desconto no prezo das entradas soltas adquiríndoas anticipadamente a través de Internet co código de desconto OTEATROMOLA (no control de accesos do Auditorio poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events