CASTRELOS 25

23xuñ(xuñ 23)09:0028(xuñ 28)21:00O Centro Comercial Camelias propón celebrar o Orgullo LGTBI+ en familia, construíndo un entorno máis igualitarioFESTIVAIS E FEIRAS | De balde09:00 - 21:00 (28)(GMT+02:00) Centro Comercial Camelias

Detalles do eventos

O Centro Comercial Camelias conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBI+ cunha programación especial que invita a celebrar a diversidade desde a infancia e a reflexionar en familia sobre novas formas de mirar o mundo. Esta iniciativa, que conta coa colaboración da Asociación Nós Mesmas, combina arte, xogo e sensibilización. A programación completa é a seguinte:

  • Entre o 23 e o 28 de xuño | Unha ollada LGTBI+ ao mundo animal, unha exposición fotográfica que invita a mirar con otros ollos o entorno natural e descubrir nel exemplos de diversidade e convivencia que rompen estereotipos.
  • Sábado, 28 de xuño, de 12:00 a 13:00 h | Animais con todas as cores, un taller infantil, dirixido a nenos entre catro e dez anos, que supón un espazo de expresión e descubremento a través de contos, xogos escénicos, creación artística e un gran mural colectivo.

En definitiva, o CC Camelias segue apostando por actividades que suman, educan en valores e converten o centro nun lugar aberto, acolledor e cheo de vida.

Máis

Hora

23 xuño, 2025 09:00 - 28 xuño, 2025 21:00(GMT+02:00)

Localización

Centro Comercial Camelias

Praza de América, 1, 36211 Vigo, Pontevedra

Other Events