UNDERFEST

25out17:00O Centro Comercial Camelias prepárase para recibir a mortePEQUERRECHOS | De balde17:00(GMT+02:00) Centro Comercial Camelias

Detalles do eventos

O Centro Comercial Camelias prepárase para vivir ‘Halloween’ cunha programación especial para gozar en familia.

O sábado 25 de outubro ás 17:00 horas, a Planta Alta acollerá un contacontos especial por Samaín da man de Arrolos de Mai. Unha actividade pensada para os máis pequenos, que combina tradición, fantasía e diversión nunha tarde máxica de historias vinculadas a esta festa de raíces galegas.

A gran cita chegará o venres 31 de outubro, cando o centro transformarase para celebrar a Festa de Halloween de 17:30 a 20:30 h. O programa incluirá truco ou trato nas súas tendas, animación en directo con Rony Maracarroni, DJ e karaoke, un desfile terrorífico, espazos selfie, animador terrorífico e a posibilidade de caracterizarse con maquillaxes especiais, dispoñibles na Planta Baixa ata as 19:30 h. Ademais doutras moitas sorpresas.

Con estas propostas, Camelias consolídase como un referente de lecer familiar en Vigo, ofrecendo un Halloween cheo de música, creatividade e diversión para todas as idades.

Hora

25 outubro, 2025 17:00(GMT+02:00)

Localización

Centro Comercial Camelias

Praza de América, 1, 36211 Vigo, Pontevedra

Other Events