REVISTA FEBREIRO

31xan10:0020:00O Centro Comercial A Laxe acolle unha carreira de dronsESPECTÁCULOS | De balde10:00 - 20:00(GMT+01:00) CC A Laxe

Detalles do eventos

O Centro Comercial A Laxe acolle o próximo 31 de xaneiro a primeira Carreira da Galicia Whoop League, unha competición de drons FPV en interior que converterá o centro nun espazo de innovación, tecnoloxía e espectáculo en directo durante toda a xornada.
O evento está deseñado para todos os públicos e combina competición oficial, actividades participativas e accións divulgativas, co obxectivo de achegar o mundo dos drons FPV tanto a afeccionados como a familias e público xeral, sempre baixo estritas medidas de seguridade e supervisión profesional.

Horario xeral do evento
Mañá – Competición + actividades – 10:00 – 13:00

10:00 – 11:30
Adestramentos oficiais e roldas de clasificación da competición
(mangas de 4 pilotos, dirección de carreira e retransmisión en directo)
11:30 – 12:00
Charla divulgativa / educativa
Introdución ao mundo dos drons FPV, seguridade e tecnoloxía
(orientada a público xeral e familiar)
12:00 – 13:00
Continuación de roldas de clasificación e adestramento.

Tarde – Finais + espectáculo – 15:00 – 20:00
15:00 – 18:00
Roldas finais da competición
(eliminatorias, semifinais e finais)
18:30 – 19:00
Segunda charla divulgativa / demostración
Enfocada a resolver dúbidas do público e mostrar o funcionamento dos drons
en competición
19:00 – 19:45
Últimas finais e carreiras decisivas
19:45 – 20:00
Entrega de premios e medallas oficiais

Actividades dispoñibles durante todo odía
Estas zonas estarán activas de forma continua, tanto pola mañá como pola tarde:
Zona Drone Soccer (gaiola de rede)
O público poderá probar drons reais de forma segura e guiada durante toda a xornada.
Zona de simuladores FPV
Simuladores dispoñibles todo o día para que calquera persoa poida experimentar o voo FPV.
Zona de retransmisión en directo
Pantallas/proxector con sinal FPV en vivo dos 4 drons que compiten en cada manga, permitindo ao público seguir a competición en tempo real.Todas as actividades estarán supervisadas pola organización, con circuíto e gaiolas de voo delimitados e controlados para garantir a seguridade de participantes e asistentes.

Hora

31 xaneiro, 2026 10:00 - 20:00(GMT+01:00)

Localización

CC A Laxe

Rúa Cánovas del Castillo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events