23ago19:23O celtismo mobilízase para celebrar o centenario de maneira allea ao ClubAS NOSAS FESTAS | De balde19:23(GMT+02:00) Balaidos

Detalles do eventos

Afeccionados ao Celta están convocando unha celebración esta tarde na contorna de Balaídos a través das redes sociais. Amósanse molestos porque os actos programados para hoxe polo club reléganse a un evento pechado na Cidade Deportiva do Celta en Mos, ao que só puideron acudir un número limitado de socios por sorteo. Os celtistas non queren deixar pasar esta data tan sinalada e a través das redes sociais difundiron unha quedada esta mesma tarde ás 19:23, facendo unha chiscadela ao ano de fundación do club, nos arredores do Estadio de Balaídos.



Os outros actos previstos polo club con motivo da celebración do centenario consistirán nunha festa previa ao partido ante o Madrid este venres  con animación infantil, pinta-caras, hinchables, batukada e os concertos de Keltoi! e Dakidarría. E por último o partido de lendas que se celebrará o mércores 30 de agosto.

Hora

23 agosto, 2023 19:23(GMT+02:00)

Localización

Balaidos

Avda. de Balaídos, s/n, 36210 Vigo, Pontevedra

Other Events