UNDERFEST

Este é un evento repetitivo

12set17:0020:30Evento MasterChefGASTRO | De balde17:00 - 20:30(GMT+02:00) C.C. Gran Vía

Detalles do eventos

Os días 5, 6, 12 e 13 de setembro, o Centro Comercial Gran Vía de Vigo convértese nun auténtico estudio coa celebración do evento MasterChef, unha proposta gratuíta e dirixida a todos os públicos que combina cociña, espectáculo e experiencias participativas ao máis puro estilo do exitoso talent show.

O sábado 6 de setembro, Jotha, semifinalista da undécima edición, é o convidado especial e participará en todas as actividades previstas para o día.

Cada xornada, o evento arranca co pasarrúas do Chef Michelini, un divertido personaxe que desfila polo centro comercial, ofrecendo meet&greets e recordos fotográficos.

Entre as actividades máis destacadas, atópase a experiencia Sigue al MasterChef, na que unha vintena de persoas (maiores de 12 anos) terán a oportunidade de vivir unha proba real preparando receitas baixo as directrices dun chef do programa.

Así mesmo, as familias tamén teñen o seu espazo coa entretida Gymkhana Gastronómica en Familia, onde cinco familias competirán por turnos en retos culinarios guiados por un chef de MasterChef.

Para a cativada (entre 7 e 14 anos) organízase o taller creativo Pequeños Chefs, no que poderán cociñar as súas primeiras receitas de forma divertida, tamén acompañados por un chef do concurso.

As tres últimas actividades son gratuítas mais requiren inscrición previa a través da app do Club de los Disfrutones. Como as prazas son limitadas, adxudicaranse por sorteo.

Porén, o punto forte de cada xornada son as masterclasses con chefs de MasterChef, abertas para todos os públicos e sen necesidade de inscrición. Unha oportunidade única para aprender receitas, trucos e técnicas directamente de profesionais do programa.

En definitiva, a programación completa é a seguinte:

Hora

12 setembro, 2025 17:00 - 20:30(GMT+02:00)

Localización

C.C. Gran Vía

Rúa do Miradoiro, 2, 36210 Vigo, Pontevedra

Other Events