CAMELIAS NADAL

15nov11:0014:00O Casco Vello acolle un taller onde reparar obxectos domésticosACTIVIDADES PARA O COCO | De balde11:00 - 14:00(GMT+01:00) Asociación do Casco Vello

Detalles do eventos

Este sábado 15 de novembro, de 11:00 a 14:00 horas, o Local da Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello (Rúa Cánovas del Castillo, nº 2, 4º andar, Vigo) acollerá un novo “Espazo de Reparación Colectiva de Obxectos Domésticos”.

A iniciativa, promovida por Enxeñería Sen Fronteiras, convida a todas as persoas interesadas a achegarse para reparar xuntas obxectos de todo tipo: dende ordenadores, electrodomésticos e aparellos electrónicos ata bicicletas, roupa ou mobles.

O obxectivo é fomentar a colaboración, o aproveitamento dos recursos e a redución de residuos, nun ambiente aberto e participativo onde o saber e a axuda mutua son as ferramentas principais.

Lugar: Local da Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello
Hora: Sábado 15 de novembro, de 11:00 a 14:00
Organiza: Enxeñería Sen Fronteiras

Hora

15 novembro, 2025 11:00 - 14:00(GMT+01:00)

Localización

Asociación do Casco Vello

Rúa Cánovas del Castillo, 2, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events