CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

Verbena da Pomba

28xuñ19:00Verbena da PombaAS NOSAS FESTAS | De balde19:00(GMT+02:00) Canellón da Pomba

Detalles do eventos

Hai un ano a Fundación Emaús e veciños da zona de Don Bosco inauguraron o Canellón da Pomba. Un espazo ao que se accede a través dunhas escaleiras entre o Bar Primavera e La Juakina, que eles mesmo rehabilitaron e no que agora os veciños e veciñas reúnense para realizar diferentes actividades. Este venres 28 celebran a segunda edición da Verbena da Pomba, unha festa á que estamos todos convidados co único requisito de que non levemos alcool.

Programa: 

Música, baile e picoteo para partillar cos veciños e veciñas nunha noitiña especial. Este ano arrancan ás 19:00 cos Djs ‘’Monjas mustias’’ para ir comenzando a desengrasar as cadeiras. Haberá pintacaras e entre todas montaranse as mesas para o papeo de despois.

Ás 20:00 fala o barrio! Este ano o escollido como veciño distinguido para a lectura do pregón foi Mateo da Ferretería Iturmendi. Ademais, coa colaboracion de @imprimeverde_ inauguran a exposición ‘’O solar da Pomba’’ do fotógrafo @estudio_alfonsoduran , veciño do barrio, que colaborou con Emaús na narración da historia do Solar mediante un proxecto de relato fotográfico.

Ás 20:30… o prato forte! Picoteo veciñal. Cada un debe traer unha silla e algo de picar para compartir coa xentiña do barrio. Cantas máis sexamos mellor!

E a partir das 21:00… o auténtico sabor verbeneiro coa actuación do cuarteto ‘’Sabor Latino’’! Poñede zapato resistente porque a pista vai prenderse.

Se queredes saber máis sobre a Fundación Emaús e o traballo que fixeron de rehabilitación do canellón da Pomba, podedes ler esta reportaxe que fixemos hai un ano.

Máis

Hora

28 xuño, 2024 19:00(GMT+02:00)

Localización

Canellón da Pomba

Cjón. Pomba, 2, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events