>

17xan21:00O canadense Patrick Watson debuta en Galicia da man do UnderfestFESTIVAIS E FEIRAS| -21:00(GMT+01:00) Santiago de Compostela

Detalles do eventos

O reputado artista canadense Patrick Watson xunto á súa banda súmanse ao cartel da 8ª edición do Underfest Xacobeo. Será un concerto moi especial por varios motivos: é a súa primeira actuación en Galicia e tamén o primeiro concerto que o festival realizará fóra de Vigo. O concerto será o 17 de xaneiro na Sala Capitol de Santiago.

Patrick Watson acumula discos de ouro e platino en varios países (USA, Francia, UK, Australia ou Canadá), e os seus concertos esgotan entradas en todo o mundo. Ao longo da súa carreira, Patrick conservou a asombrosa capacidade de coexistir nos espazos da cultura pop convencional e nas marxes da vangarda. É un artista que se sente igual de cómodo realizando espectáculos improvisados nas vías do tren dunha vila mineira de Quebec como dirixindo a Orquestra da BBC no mítico Barbican de Londres.

Con unha sólida base de fans, máis de 8 millóns de oíntes mensuais e cancións virais como “Je te laisserai des mots” (a primeira canción en francés en superar o billón de reproducións en Spotify), o seu memorable dúo con The Cinematic Orchestra en “To Build a Home” ou un himno ao piano como “Ode to Vivian”, as súas composicións apareceron en series tan populares como “Anatomía de Grey” ou “This Is Us”, así como nos filmes de Denis Villeneuve (“Polytechnique”) ou Wim Wenders (“Perfect Days”), entre moitos outros. Ademais, compuxo máis de 15 bandas sonoras e recibiu importantes recoñecementos como o prestixioso Polaris Prize ou o Premio Impact nos Canadian Sync Awards, que recoñece a súa contribución a través da música a outros medios como o cine ou a televisión.

Unha traxectoria impecable, cunha obra extensa e ecléctica, que continúa co seu inminente novo disco, “Uh Oh”, que se publica este próximo 26 de setembro e conta con destacadas colaboracións como as de Charlotte Cardin, Martha Wainwright ou MARO.

Descubrises a Patrick Watson na túa tenda de discos, na BSO dunha película, nun vídeo en redes sociais ou nun festival, a súa música ten un efecto máxico semellante para todas as persoas que entran no seu caleidoscópico mundo sonoro. As cancións de Patrick Watson transforman o teu contorno cotián no teu propio paraíso imaxinario, pasando de calquera estrés e tristura a unha ledicia interior que che axuda a atopar a paz no caos da vida moderna.

Entradas dispoñibles o venres 12 de setembro a partir das 10:00 h en Ataquilla.com

Hora

17 xaneiro, 2026 21:00(GMT+01:00)

Localización

Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, La Coruña

Other Events