xuño, 2019

07xuñ(xuñ 7)10:0031out(out 31)20:00O Camiño do MarEXPOSICIÓN | De balde(xuño 7) 10:00 - (outubro 31) 20:00 Museo do Mar

Máis

Detalles do evento

O Museo do Mar de Galicia acollerá do 7 de xuño ao 31 de outubro, a exposición `O Camiño do Mar`, un proxecto promovido pola Asociación Galega do Patrimonio Industrial Buxa co fin divulgar o Camiño Xacobeo por vía marítima, e que incluirá a restauración do ` Naomhóig`, unha embarcación tradicional irlandesa.

“O Camiño do Mar” é moito máis que unha exposición, é un proxecto no que dar a coñecer a aventura dun grupo de amigos irlandeses que decidiron facer o Camiño de Santiago por mar deSde Irlanda nunha embarcación a remos tradicional irlandesa.
Este proxecto inclúe unha pequena exposición onde poder coñecer non soamente a viaxe realizada dende Dublín, senón tamén as atemporais relacións entre Galicia e Irlanda, coa novidade de poder ver durante os primeiros días como se reconstrúe o bote empregado para a travesía, o cal estaba depositado no museo despois de naufragar na desembocadura do Miño.
A mostra poderá visitarse dende o 8 de xuño ao 31 de outubro no horario de apertura habitual do museo http://museodomar.xunta.gal/gl/visita/47/horarios
O horario e días de reconstrución previstos do bote son do 8 ao 18 de xuño de martes a venres de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 e sábados e domingos de 11:00 a 14:00 e 17:00 a 19:00

Hora

Xuño 7 (Venres) 10:00 - Outubro 31 (Xoves) 20:00

Lugar

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

X