>

01ago21:00O Café Vitruvia acolle un xogo de rol en vivo ambientado nos anos vinte do século XXACTIVIDADES PARA O COCO | 49,95 €21:00(GMT+02:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

A SUBASTA, UNHA CEA NOS ANOS 20

Verán de 1923. A flor e nata da sociedade reúnese nunha elegante velada benéfica. Artistas, políticos, empresarios e distinguidas personalidades comparten copas, conversas e aparencias impecables. Pero, entre sorrisos e brindes, axiña comezarán a aflorar os segredos, as rivalidades… e o misterio.

A Subasta é un xogo de rol en vivo no que as persoas participantes interpretarán un personaxe propio, coa súa historia, as súas relacións e os seus obxectivos. Terán que negociar, investigar, mentir e decidir en quen confiar. A trama avanzará a través das súas propias accións.

A partida terá lugar no Café Vitruvia, un local situado no centro de Vigo cuxa atmosfera transportará ás persoas participantes aos felices anos vinte. Disfrutarán dun espazo reservado e dunha cea cóctel durante a partida.

Desde Realidade Alternativa proporcionarase todo o necesario: vestiario de época, personaxes, tramas individuais e a guía dun director de xogo profesional. A entrada inclúe tamén a cea cóctel; as bebidas aboaranse á parte.

Só hai 20 prazas dispoñibles.
Sábado 1 de agosto
De 21:00 a 00:00
Consulta o menú: https://realidadalternativa.com/la-subasta-en-el-vitruvia
49,95 € por persoa
Actividade para maiores de 18 anos
Para resolver calquera dúbida e reservar a súa praza, poden contactar vía WhatsApp (616 354 866) ou correo electrónico (info@realidadalternativa.com).

Organizan: Realidade Alternativa e Café Vitruvia.

Hora

1 agosto, 2026 21:00(GMT+02:00)

Localización

Vitruvia Café

Rúa da Reconquista, 7, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events