UNDERFEST

03nov(nov 3)17:3011xan(xan 11)20:30'O bosque dos contos' acolle ilustracións orixinais de Alberto VázquezArte e museos | De balde17:30 - (xaneiro 11) 20:30(GMT+01:00) Sede da Deputación de Pontevedra

Detalles do eventos

A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo inaugurou este luns a exposición ‘O bosque dos contos’, enmarcada dentro da programación do Hematofesti. A mostra, que toma o seu título da obra homónima escrita por Miguel López ‘Hematocrítico’ e ilustrada por Alberto Vázquez, ofrece un percorrido visual polas ilustracións dos tres primeiros contos publicados por estes dous autores.

Formulario de inscrición ás actividades complementarias

A exposición, que permanecerá aberta ata o 11 de xaneiro, complétase cun punto de lectura onde o público poderá gozar da devandita obra. Nela recompílanse os relatos xurdidos da colaboración entre Hematocrítico e Alberto Vázquez: ‘Feliz Feroz’ (2014), ‘Axente Riciños’ (2016) e ‘O lobo con botas’ (2018).Do mesmo xeito, haberá unha proxección audiovisual na que o propio Miguel López narra unha das súas obras, achegando así unha experiencia didáctica e lúdica que convida á escoita activa e á participación.

  • 5 de novembro ás 19:30h: Artistas Calidoscópicos

  • 8 de novembro a partir das 10:00h: Queremos literatura infantil

Club de lectura e obradoiros

  • Entre o 15 de novembro e o 20 de decembro ás 12.00 horas: club de lectura para nenos e nenas de diferentes
    idades, dependendo da obra que estea previsto ler. As inscricións abriranse ás 09.00 horas do martes 4 de novembro.

  • Todos os sábados, ás 18.00 horas, diferentes ilustradores ofrecerán obradoiros para nenos e nenas de
    entre 5 e 10 anos. As temáticas serán variadas e irán desde colaxe ata xoguetes ópticos, pasando por
    kamishibai, debuxo ou autorretrato.

  • María Lado fará unha paréntese nesa programación vespertina o 13 de
    decembro para impartir un taller de “escritura divertida” pensado para a rapazada de entre 8 e 12 anos.

Hora

3 novembro, 2025 17:30 - 11 xaneiro, 2026 20:30(GMT+01:00)

Localización

Sede da Deputación de Pontevedra

Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events