O BARCO DO NADAL

03decTodo o día08xanO BARCO DO NADALAS NOSAS FESTAS | 15,00€(Todo o día)(GMT+01:00) CC A Laxe

Detalles do eventos

Vigueses e turistas volverán contar con O Barco do Nadal de Mardeons, unhas exclusivas rutas marítimas pola ría para gozar do Nadal desde un miradoiro privilexiado como é o mar. A navieira escolleu entre a súa frota a un dos catamaráns máis grandes, o Mar Vigo, con capacidade para 500 persoas que acollerá a bordo aos personaxes máis importantes destas festas do Nadal.

O Barco do Nadal arribará no porto de Vigo o sábado 3 de decembro. A bordo, os pasaxeiros atoparanse cunha embarcación totalmente decorada con motivos do Nadal, máis de 15 árbores no seu interior, música e bar a bordo, ademais de contar coa presenza de Papá Noel ata o 25 de decembro e o Paxe Real que tomará a súa substitución ata o día de Reis, a navieira destaca este ano como novidade a participación tamén do Grinch como peche para esta segunda edición.

O servizo desenvolverase practicamente a diario ata o 8 de xaneiro con saídas ás 20h para que vigueses e turistas poidan navegar polo interior da ría a bordo de ‘O Barco do Nadal de Vigo’. Durante a travesía polo interior da ría de Vigo, dunha hora e media de duración, os interesados poderán gozar dun delicioso viño quente de benvida, pastas do Nadal, a mellor música do Nadal da man dun DJ e servizo de bar a bordo. Os billetes para poder gozar deste paseo marítimo pola ría de Vigo xa están á venda en www.mardeons.com

O prezo é de 15€ para adultos e de 8€ para os nenos de entre 3 e 12 anos, mentres que os menores de 3 viaxan de balde.

Máis

Hora

Decembro 3 (Sábado) - Xaneiro 8 (Domingo)(GMT+01:00)

Localización

CC A Laxe

Rúa Cánovas del Castillo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events