REVISTA ABRIL

Actividades infantís en Valadares

04xan18:00Actividades infantís en ValadaresPEQUERRECHOS | De balde18:00(GMT-11:00) CVC Valladares

Detalles do eventos

O Apalpador visita o Centro Veciñal de Valladares con Servando e Viridiana Barreiro, o luns 4 ás 18.00 horas. Aforo limitado con reserva neste enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSerNUrdEgSa2dkDf8lEcl4TiV4I02NqeTNbYwSQx55vuzA_7g/viewform

É un acto dentro do programa de actividades infantís “A rapazolada na cerna” que comeza coa visita do Apalpador, acompañado polo seu pequeno cabalo río Lor xunto á música de Servando Barreiro á concertina e Viridiana Barreiro, ao saxo. Organizado pola área xuvenil do centro veciñal, os personaxes emprenderán unha viaxe co obxectivo de salvar os bosques galegos cheos de lixo e queimados polo lume. O martes, día 5, actuará o grupo Lohengrin Teatro coa obra “A mirada das bolboretas”, o mércores día 6 Magia en la Manga co seu espectáculo “Maxia Igualitaria” e o Xoves 7, Cé Orquestra Pantasma.

A entrada é gratuíta pero o aforo é limitado polo que se debe reservar o acceso en www.valladares.tv

Máis

Hora

(Luns) 18:00(GMT-11:00)

Localización

CVC Valladares

Camiño do Pedregal, 6, 36315 Valadares - Vigo, PO

Other Events