PORTAMERICA >

20mar(mar 20)18:3023(mar 23)20:00Xornadas 'Sociedade en venda'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:30 - 20:00 (23)(GMT+01:00) De catro a catro

Detalles do eventos

ECOAR é un espazo de natureza global conformado por persoas que se coordinan, constrúen e actúan, dende o local ao internacional, para facer fronte ás inxustizas, creando alternativas e resposta social ao sistema.

As xornadas ‘Sociedade en venda: violencias corporativas e resistencias colectivas’ son coloquios que discorrerán en Vigo, entre o 20 e o 23 de marzo de 2024. Achegaranse olladas diversas mediante a realización de distintas palestras para analizar a presente situación dos diferentes poderes fácticos e como combatelos.

As xornadas pretenden:

· Comprender en maior profundidade o funcionamento do sistema-mundo, poñendo o foco no poder corporativo como base do capitalismo.
· Abrir un espazo onde a cidadanía poida reflexionar sobre o seu papel como axente do cambio.
· Coñecer alternativas, estratexias e ferramentas ante as problemáticas derivadas do modelo político e económico actual.

O programa completo é o seguinte:

· Mércores 20 de marzo ás 18:30h: “Patriarcado e capital, alianza criminal!! Relación entre capitalismo e patriarcado na sociedade actual” por María Pazos Morán.
· Mércores 20 de marzo ás 20:00h: “Dereito á verdade!! Desinformación e o papel do xornalismo e os medios de comunicación nos conflitos internacionais” por Hibai Arbide Aza.
· Xoves 21 de marzo ás 18:30h: “Non nos calarán!! A represión da protesta e a construción da disidencia” por Sara López Martín de LegalSol.
· Xoves 21 de marzo ás 20:00h: “Somos o 99%!! A soberanía dos pobos como resistencia ao poder das transnacionais” por Oskar Matute.
· Venres 22 de marzo ás 18:30h: “Isto non rematou!! Internet: monopolios corporativos e soberanías colectivas” por Sergio Salgado.
· Venres 22 de marzo ás 20:00h: “Liberdade de Expresión, Democracia!! Poder, medios de comunicación e democracia. Do control financieiro ao filantrocapitalismo” por Aurora Labio.
· Sábado 23 de marzo ás 18:30h: “Non á guerra!! O negocio da guerra: economía militar e desarmamento” por Pere Ortega.
· Sábado 22 de marzo ás 20:00h: “O xornalismo non é un crime!! Medios: cuarto poder ou ariete do poder?” por Pere Rusiñol.

As xornadas desenvolveranse no Café de Catro a Catro, localizado na Rúa Girona 16, Vigo. Tamén se emitirán en directo en streaming nas RRSS de @ecoarglobal

Hora

20 marzo, 2024 18:30 - 23 marzo, 2024 20:00(GMT+01:00)

Localización

De catro a catro

36211, Rúa de Gerona, 16, 36211 Vigo, Pontevedra

Other Events