
Nukore + Tear Me Apart
22set21:30Nukore + Tear Me ApartCONCERTOS | Desde 7,00€21:30(GMT+02:00) Sala Kominsky
Detalles do eventos
Concerto de presentación do novo album “Getting Lost” da banda de Vitoria-Gasteiz de Metal/Hardcore Nukore, xunto co grupo Hardcore da provincia de Pontevedra Tear Me
Detalles do eventos
Concerto de presentación do novo album “Getting Lost” da banda de Vitoria-Gasteiz de Metal/Hardcore Nukore, xunto co grupo Hardcore da provincia de Pontevedra Tear Me Apart.
NUKORE
Nukore é unha banda de Metal/Hardcore/Crossover formada en Vitoria-Gasteiz en 2004 por Ander Martinez- Olaskoaga (guitarra e coros), Aitor Asso (voces), á que máis tarde se uniron Unai Perales (baixo e coros) e Rafa Bataglia (batería).
Tras catro álbums de estudo (‘The Sun Will Rise’ (2011), ‘Broken Hip’ Hop On!’ (2012), ‘You Call The Wolf, You Get The Pack! (2016)’) e ‘One Minute Silence’ (2020), regresan en 2022 con forza co seu quinto traballo, ‘Getting Lost’. Gravado nos Silverstar Studios de Vitoria de Iker Bengoa (Childrain), este novo disco reflicte unha agresividade e un muro sónico nunca antes vistos na banda.
Cun halo de hardcore old school traído maxistralmente ao presente, as súas punzantes letras, e unha base rítmica colosal, Nukore métese ata o máis profundo da túa conciencia, deixándoche totalmente aparvado pola súa mensaxe reivindicativa e a súa violencia sonora. Metal, hxc, punk, funk… mestúranse con humillante naturalidade, o que dota á banda dunha personalidade única e selo propio moi marcados.
Máis
Hora
22 setembro, 2023 21:30(GMT+01:00)
Localización
Sala Kominsky
Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra