17out20:00NÜE - Mostra de procesoESPECTÁCULOS | De balde20:00(GMT+02:00) A Morada
Detalles do eventos
Un dispositivo escénico onde música e danza se unen para reflexionar sobre a espiritualidade e o fanatismo no século XXI, dende unha perspectiva milenial. NÜE quere ser un
Detalles do eventos
Un dispositivo escénico onde música e danza se unen para reflexionar sobre a espiritualidade e o fanatismo no século XXI, dende unha perspectiva milenial. NÜE quere ser un lugar de culto: un espazo de admiración, de honra ao divino e ao sagrado na nosa sociedade posmoderna, onde a cultura popular conecta directamente co fenómeno fan e o sentido de pertenza.
Esta é unha peza en proceso, e compartirase como un work in progress, seguida dun coloquio aberto entre artista e público.
Dirección e interpretación: Eva Comesaña
Composición e produción musical: Marcos Alonso
Vestiario: Petra Porter
Hora
17 outubro, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
A Morada
R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
novembro


