REVISTA NADAL

10xan12:3017:00Visitas guiadas ao Teatro Cine FragaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde12:30 - 17:00(GMT+01:00) Teatro Cine Fraga

Detalles do eventos

A Xunta e a Deputación de Pontevedra puxeron en marcha unha serie de visitas guiadas ao interior do Teatro Cine Fraga todos os mércores ata verán de 2026. Vista a reposta da cidadanía, que esgotou todas as prazas, decidiron abrir tres quendas diarias todos os sábados ás 12:30, 16:00 e 17:00 horas.

A visita transcorre en catro espazos do inmoble, onde os visitantes, acompañados por un guía titulado, poderán afondar na historia e detalles deste edificio de máis de 7.000 metros cadrados incluído no Patrimonio Cultural de Galicia e ideado hai máis de 80 anos por encargo de Isaac Fraga Penedo, un dos exhibidores cinematográficos máis importantes da comunidade naquela época. As visitas permitirán coñecer o vestíbulo do Teatro, con parada na escaleira de acceso ao segundo andar, que permite ter unha visión da parte superior do inmoble. Tamén se coñecerá a platea e subirase ao primeiro anfiteatro antes de rematar o percorrido cunha visita á antiga discoteca Nova Olimpia, situada no soto do edificio.

O conxunto da cidadanía que poderán facer as súas reservas a través do número de teléfono 986 118 227. As visitas celebraranse todos os mércores e sábados en tres quendas ás 12,30, 16,00 e 17,00 horas con ata un máximo de 15 asistentes para optimizar a experiencia.

Hora

10 xaneiro, 2026 12:30 - 17:00(GMT+01:00)

Localización

Teatro Cine Fraga

R. do Uruguai, 1, Santiago de Vigo, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events