novembro, 2019

13nov17:00Novas obras no proxecto 'Sororidade'ARTE E MUSEOS | De balde17:00 Museo Liste

Máis

Detalles do evento

O vindeiro mércores, día 13 de novembro, o Museo acollerá a presentación de dúas novas obras dentro do proxecto Sororidade que continúa aberto á libre participación. Nesta ocasión proxectaremos o vídeo – mapping Que non silencien a túa voz de Berta Pan e Chiño Eirín, e inauguraremos a instalación Non me gusta que … de Gisel Andreina Ferreira Suárez e o Instituto Santa Irene.

Que non silencien a túa voz, alude a sensibilización con respecto a cuestións como a equidade, liberdade, apoio, diálogo; a través da luz e no proceso de proxectar imaxes en movemento sobre os elementos tridimensionais do Museo, preténdese dinamizar e buscar un equilibrio entre espazo e mensaxe.

Non me gusta que …, é un proxecto colectivo do Instituto Santa Irene (Vigo) no que, partindo dunha obra elaborada por unha alumna, crease un espazo de intervención como exercicio que plasme a realidade de determinadas actitudes discriminatorias.

Así mesmo, contaremos coa presenza do grupo Malaikas do Programa Teranga (Fundación Juan Soñador) que participan coa obra “As culturas unidas”, actualmente en exposición.

Hora

(Mércores) 17:00

Lugar

Museo Liste

Calle Pastora, 22, 36210 Vigo, Pontevedra

X