VIALIA
bannerPicnicSesions

Experiencia Starlight

09ago23:00Experiencia StarlightACTIVIDADES PARA O COCO| Prezos varios23:00(GMT+02:00) Porto de Vigo

Detalles do eventos

O luns 9 de agosto, os usuarios poderán gozar dunha nova experiencia Starlight de tres horas estimadas de duración e con saída do porto de Cangas ás 22.30 h e de Vigo ás 23.00 h. Os días 12 e 13 de agosto pola noite a navieira porá rumbo a augas do Parque Nacional para poder gozar da choiva de meteoros coñecida tamén como “Lágrimas de San Lorenzo”.

O luns 9 de agosto pola noite, Navieira Mar de Ons poñerá de novo rumbo a augas do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia para que todos os interesados poidan vivir a bordo unha Experiencia Starlight. As Illas Cíes están certificadas como ‘Destino Turístico Starlight’ e contan con ‘Selo Observer’. É por iso que a súa contorna é o lugar elixido para gozar do ceo estrelado. Un guía astrónomo acompañará aos participantes e explicará as particularidades das diferentes constelacións que se poidan observar durante a travesía. A noite do próximo luns, Navieira Mar de Ons organizará unha saída desde o Porto de Cangas ás 22.30 horas e outra desde o de Vigo ás 23.00 horas, a
duración total do servizo é de tres horas aproximadamente.

Máis

Hora

(Luns) 23:00(GMT+02:00)

Localización

Porto de Vigo

Cánovas del Castillo 3 36202 Vigo

Other Events