
Nova Cultura: Zalomon Grass + youcanthide + Kings of the beach + Karma Animal
Detalles do eventos
Evento de presentación da recén constituida asociación cultural “Nova Cultura”, de Vigo. Os membros da asociación realizan este primer acto para dar a conocer a
Detalles do eventos
Evento de presentación da recén constituida asociación cultural “Nova Cultura”, de Vigo.
Os membros da asociación realizan este primer acto para dar a conocer a asociación nun evento liderado por as actuación musicais que se sucederán desde as 18:00 da tarde ate as 00:00 da noite, e que estará acompañado por un mercadillo cultural de artistas locais.
Zålomon Grass e o seu blues cósmico e desbordante chegaron para sacarnos da apatía e o entumecimiento destes tempos tan estraños. Cando outras bandas desisten ou se abandonan á auto compaixón, optan por auto producir unha gravación en directo nos estudos Radar de Vigo empapada de suor e cargada de electricidade. Catro temas orixinais nos que baixo, batería, guitarra e voces lévannos polos carreiros do hard blues máis setenteiro.
Kings Of The Beach nace en Vigo no verán de 2013 con Adrián Rodríguez (guitarra, voz), Yago Guirado (baixo, voz) e Samuel Otero (batería) “Samu e Adri estaban fartos de facer covers de Green Day e Blink-182 co seu primeiro grupo e decidiron empezar a facer covers de grupos máis do rolo como Wavves ou Fidlar”.
YOUCANTHIDE é un berro desgarrado; desesperado. Por non poder esconderse dun mesmo. Por non poder esconderse das correntes distópicas que bañan o mundo, onde as conspiracións son reais, a realidade unha ficción e a post verdade aliméntanos coma se de información veraz e contrastada tratásese.
A banda Karma Animal conta cun repertorio de temas propios en castelán, inglés e galego, que xa puideron estrear en varias das míticas salas galegas.
Máis

Hora
(Sábado) 18:00
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain