maio, 2021

26mai19:00"Notas de Campo", de Catarina BotelhoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00 Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

No ámbito da Presidencia Portuguesa da Unión Europea – PPUE 2021 (xaneiro-xuño 2021), neste que é o mes da Europa, o Centro Cultural Portugués do Camões, IP en Vigo está a organizar o Ciclo de Cinema “Visións da Europa no Feminino: Ollares sobre a historia recente e cuestións da actualidade”, que, co apoio do Concello de Vigo, terá lugar no Auditorio Municipal, os días 25 e 26 de maio, ás 19h.

Esta iniciativa, que está entón integrada no programa propio de cinema no ámbito da PPUE 2021, contará coas exhibicións dos filmes “Extinción”, de Ana Salomé, e “Notas de Campo”, de Catarina Botelho.

A asistencia presencial ao evento terá lugares limitados debido ao contexto sanitario actual e require o preenchimento dun formulário de reserva de lugar, onde é obrigatorio o fornecemento de datos de contacto que poderán vir a ser comunicados ás autoridades sanitarias en caso de foco de infeção de COVID-19. O evento respectará todas as medidas de seguranza e de distanciamento social e é obrigatorio o uso de máscara.

“Extinção”, de Salomé Lamas – 25 maio ás 19h

«A cuestión das fronteiras dos antigos territorios dos URSS probaron ser unha potencial bomba. Extinción, é unha colagem de materiais (ficción e non ficción) conducida por Kolya, de nacionalidade Moldáva, mais que se declara nativo da Transnistria. Fragmentos levan o espectador ao imaginário colectivo da Unión Soviética. O filme quere deseñar un comentario abstrato sobre a “guerra sen guerra, ocupación sen ocupación” das últimas posicións de Putin.»

“Notas de Campo”, de Catarina Botelho – 26 maio ás 19h

«Notas de campo xorde da necesidade de comprender o período das políticas de austeridade en Portugal, que tivo inicio en 2011. Decorre dunha procura que toma a forma dunha viaxe, en que dúas mulleres partillan as súas vivencias e pensamentos sobre eses anos: como transformaron as súas vidas e as súas visións políticas. Un ollar geracional sobre ese tempo especifico, nun percorrido que se fai rumbo ao Sur, desde Portugal ao deserto do Saara – un movemento de afastamento e de respiración.[ Catarina Botelho] »

Máis

Hora

(Mércores) 19:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X