REVISTA FEBREIRO

19set20:00'NOSOTRAS'. MULLERES NA OBRA DE RAFAEL AMORESPECTÁCULOS | Caixa inversa20:00(GMT+02:00) A Morada

Detalles do eventos

A Morada acolle Nosotras. Mulleres na obra de Rafael Amor, un espectáculo poético e musical de Pili Campos (voz, relatos e guión) e Miriam Sandoval (voz, guitarra, percusión e dirección artística). Trátase dun percorrido emocional e comprometido pola ollada de Rafael Amor sobre as mulleres. A través de cancións e textos seleccionados coidadosamente, o espectáculo revive escenas de tenrura, dor, denuncia, dignidade e, sobre todo, esperanza que habitan a súa obra. Nace da necesidade de Pili Campos e Miriam Sandoval de visibilizar o profundo respecto e admiración que sinten hacia a figura feminina que Amor deixou plasmada na súa obra.

Pili Campos, compañeira de vida e memoria do cantautor Rafael Amor e recitante en Nosotras. Dedica a súa vida a preservar e difundir a obra e legado de Rafael, achegando a este proxecto unha visión próxima e sensible para dar voz aos textos poéticos. A súa interpretación articula a narración e os momentos de reflexión en escena.

Miriam Sandoval, cantante e intérprete musical, recoñecida pola súa voz expresiva e versátil. Achega a dimensión musical ao espectáculo cun repertorio que conxuga a emoción e denuncia, acompañándose de guitarra. A súa traxectoria inclúe traballos con repertorios latinoamericanos e un compromiso profundo coas temáticas sociais.

Hora

19 setembro, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events