NOSO TEIS. Festa de Galicia no Mercado – A Movida

xullo, 2018

24xul10:00NOSO TEIS. Festa de Galicia no MercadoFESTA | De balde10:00 Mercado de Teis

Máis

Detalles do evento

O mercado de Teis celebra mañá, martes, día 24 de xullo, o Día de Galicia cunha festa que protagonizan os produtos galegos dos postos do mercado.
Baixo o lema “NOSO TEIS. Festa de Galicia no mercado”, o obxectivo do evento é reforzar o vínculo entre o mercado e o barrio, así como achegar e dar a coñecer o mercado a novos públicos, sobre todo á mocidade.

Programación
Desde as 10.00 h. estarán abertos diferentes postos e food trucks que servirán comida cocinada con produtos do mercado. O público disporá dunha zona comedor de mesas e bancos corridos. Na praza instalarase un escenario onde se desenvolverán dous showcookings, un a cargo do chef Daniel Rodríguez, do restaurante El Juliana, e o outro a cargo do chef Juan Manuel de la Cruz, do restaurante Casa Obdulia. Terá lugar ademais un Café Show, a cargo do barista Sebastián Eduardo González con degustación de café gratuíta.
Tras a comida, a actividade continuará pola tarde na praza do mercado con actuacións de grupos folclóricos. Os postos de comida permanecerán abertos para ofrecer repostería, froita e outros produtos do mercado.
A festa rematará cunha chocolatada gratuíta e a actuación de artistas do barrio,
encabezados polo grupo Frying Luras.

Hora

(Martes) 10:00

Lugar

Mercado de Teis

Mercado, 36207 Vigo, Pontevedra

X