'Nós, mañá' de Alisa Kovalenko
Detalles do eventos
Cinco adolescentes da rexión de Donbas en Ucraína tentan escapar dos atentados de
Detalles do eventos
Cinco adolescentes da rexión de Donbas en Ucraína tentan escapar dos atentados de Putin comezando a imaxinar o seu futuro. A pesar da situación bélica, os mozos insisten en vivir o seu momento de transición cara á madurez con esperanza e ilusión. Imaxínanse a si mesmos como pintoras, fotógrafas, actrices ou converténdose no novo Elon Musk. Mentres, fóra, o ruído das bombas e dos disparos non descansa, pero o grupo decide retomar o proxecto de viaxe a Nepal que se viu interrompido polo inicio da guerra. Soñan con fuxir da guerra, pero tamén, como calquera adolescente, da monotonía do seu pequeno pobo. Nun momento determinado, e contra todo prognóstico, aparece nas súas vidas unha verdadeira oportunidade de viaxar.A sesión é ás 18:00h, no Auditorio Municipal de Vigo da praza do Rei. Acceso gratuito para xente da comunidade universitaria e persoas asociadas ao cine club. 2 euros para o resto do público.
Máis
Hora
11 decembro, 2023 18:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes