CAMELIAS NADAL

29nov20:00'NON PASARÁN'ESPECTÁCULOS | Desde 11,00 €20:00(GMT+01:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

NON PASARÁN, creada por Ártika Cía e dirixida por Tito Asorey, é unha comedia crítica e contemporánea que mergulla ao espectador nun contexto distópico de medo colectivo e resistencia social. Cun elenco sólido e unha posta en escena potente, a obra convida a reflexionar sobre os límites da hospitalidade, a manipulación do discurso colectivo e o perigo da autodestrución ideolóxica.

Hai unha función o sábado e outra o domingo, ás 20:00 h ambas.

SINOPSE

Nun país sacudido por unha vaga de incendios provocados por unha organización descoñecida, a cidadanía adopta un lema férreo: “Non pasarán”, negándose a acoller a estraños nos seus fogares. Cándido e a súa filla Ana rompen esta regra ao recibir a unha misteriosa parella. O que comeza como un acto de xenerosidade convértese nunha sucesión de acontecementos que pon en cuestión os seus principios, revelando contradicións persoais e colectivas. A través do humor e da tensión dramática, NON PASARÁN explora como a desinformación, o medo e a moral acomodaticia poden levarnos á destrución dos nosos propios valores, até converternos —sen querelo— en cómplices daquilo que rexeitamos.

ENTRADAS AQUÍ

Hora

29 novembro, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events