>

18xul20:00Noite de misterio con 'Blood on the Clocktower'ESPECTÁCULOS | 10,00 €20:00(GMT+02:00) Café Uf

Detalles do eventos

O Café UF acolle unha nova sesión de Blood on the Clocktower, un xogo de roles ocultos no que as persoas participantes deberán descubrir quen se agocha tras o papel do demo antes de que a aldea sucumba ao mal.

Cada xogador recibirá un personaxe con habilidades propias e formarase parte dun dos dous bandos: aldeáns e forasteiros ou o demo e os seus esbirros. Mentres cada noite o demo escolle en segredo unha vítima, durante o día o grupo deberá debater e decidir a quen executar para tratar de deter o mal.

Data: Sábado, 18 de xullo
Hora: 20:00 h
Prezo: 10 € (consumicións non incluídas)
Idade mínima: 16 anos
Prazas: Máximo 15 participantes, con inscrición previa.

Reserva a túa praza por WhatsApp (616354866) ou email (info@realidadalternativa.com).

Hora

18 xullo, 2026 20:00(GMT+02:00)

Localización

Café Uf

Pracer, 19, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events