CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Noite Branca: Verbum

18ago20:22Noite Branca: VerbumARTE E MUSEOS | De balde20:22(GMT+02:00) Casa das Artes

Detalles do eventos

A Noite Branca en Vigo celébrase o venres 18 de agosto con xornadas de portas abertas gratuítas en todos os museos da cidade, que ademais ofrecerán visitas guiadas ás súas exposicións ata as dúas da mañá.

Ademais da entrada gratuíta e as visitas guiadas á rede museística, levarase a cabo o programa O Triángulo da arte, que presenta propostas vangardistas e creativas de música e artes escénicas na porta dos museos, ao aire libre e achegando a creación contemporánea á cidadanía. Este triángulo terá os seus vértices no Museo MARCO, Pinacoteca e Casa das Artes.

Verbum

O museo amplía o horario ata as 2h para ver a súa colección permanente.

22:05 – Yolanda Castaño presenta Idioma da tinta. A poeta galega e dinamizadora cultural, presenta o seu proxecto poético / musical.

24:00 h – Concerto de LAW. A artista multidisciplinar de Coia combina nas súas composicións influencias do R&B, Hip hop, Soul

VERBUM CREATIVO – Obradoiros prácticos para os que é necesario reservar praza ata o venres 18 nos teléfonos 986 240130 e 619 948 920 ou no correo electrónico reservas. a prmvigo@gmail.com.

OBRADOIROS DE MÚSICA

“Medievalízate”. Horario: 20:00. Máximo: 20 persoas.
Montaxe dunha peza medieval con instrumental Orff acompañado a instrumentos medievais: órgano portativo, cítola e vihuela de péñola.

“Festa pavana”. Horario: 21:00. Máximo: 20 persoas
Montaxe dunha danza renacentista (pavana) acompañada de instrumentos de época: vihuela e frauta de bico.

Recomendación para ambos obradoiros: opcional traer frauta doce e/ou un instrumento de percusión.
Idades recomendadas: todas as idades.
Imparten: Irma Fernández e Juan Manuel Vázquez.

OBRADOIRO DE DANZA: “Dame unha palabra e facemos un poema”. Horarios: 20:00 e 21:00. Máximo: 20 persoas
Xogo de topar palabras de xeito aleatorio que logo se porán en común para dar forma a un poema breve dende un pulso común, a expresión do corpo e a voz.
Idade mínima: a partir de 8 anos.
Imparten: Olga Cameselle e Alfredo Rodríguez.

OBRADOIRO DE VOZ: “Desconcerto de gritos”. Horarios: 20:00 e 21:00. Máximo: 30 persoas
Interpretación e composición espontánea: persoas gritadoras presentes para coro e
solistas.
Idade mínima: a partir de 3 anos.
Imparte: Mónica de Nut.

OBRADOIRO DE CIANOTIPIA: “Un raio de sol”. Horarios: 20:00 e 21:00. Máximo: 10 persoas
Obradoiro de cianotipia, procedemento fotográfico monocromo que consigue unha copia negativa do orixinal nunha cor azul de Prusia, chamada cianotipo.
Idade mínima: a partir de 10 anos.
Imparte: Lidia Avendaño.

OBRADOIRO DE COLLAGE: “A cara do teu retrato”. Horarios: 22:30 e 23:30. Máximo: 15 persoas
Collage a través de recortes de ollos, bocas, orellas, etc. para a creación de rostros inhóspitos e personaxes de conto.
Idade mínima: a partir de 5 anos.
Imparte: Lidia Avendaño.

OBRADOIRO DE TEATRO: “Interfamilias”
Obradoiro de teatrocondinámicas de grupo baseadas en xogos teatrais de interacción e relación xeracional entre os asistentes, así como de xogos de interpretación e composición corporais, vocais e nemotécnicos.
Idades: de 10 a 16 anos.
Imparte: Fran Paredes

OBRADOIRO DE PINTURA: “Un xardín de luz”. Horarios: 22:30 e 24:00. Máximo: 15 persoas.
Construción dun xardín de luz coas plantas que vinculen a emocións e recordos, ben sexa coa súa forma debuxada ou con palabras de textos que lembren e que teñan sido emocionantes para eles.
Idades: de 7 a 15 anos.
Imparte: Pilar Alonso.

OBRADOIRO DE ANIMACIÓN EN STOP MOTION . Horarios: 22:30 e 24:00. Máximo: 8 persoas
Creación dunha peza audiovisual de animación coa técnica de Stop-motion coa que os participantes recibirán os coñecementos básicos de narrativa, produción cinematográfica e técnicas de animación para poder elaborar a curta de animación.
Idades: de 12 a 16 anos.
Imparten: David Hernández e Alex Penabade.

Máis

Hora

18 agosto, 2023 20:22(GMT+01:00)

Localización

Casa das Artes

Policarpo Sanz, 15, Vigo

Other Events