Noite Branca: Pazo de Castrelos Quiñones de León
Detalles do eventos
A Noite Branca en Vigo celébrase o venres 18 de agosto con xornadas de portas abertas gratuítas en todos os museos da cidade, que ademais ofrecerán visitas
Detalles do eventos
A Noite Branca en Vigo celébrase o venres 18 de agosto con xornadas de portas abertas gratuítas en todos os museos da cidade, que ademais ofrecerán visitas guiadas ás súas exposicións ata as dúas da mañá.
Ademais da entrada gratuíta e as visitas guiadas á rede museística, levarase a cabo o programa O Triángulo da arte, que presenta propostas vangardistas e creativas de música e artes escénicas na porta dos museos, ao aire libre e achegando a creación contemporánea á cidadanía. Este triángulo terá os seus vértices no Museo MARCO, Pinacoteca e Casa das Artes.
Pazo de Castrelos Quiñones de León
O horario de visitas amplíase ata as 2h da mañá. Máis información sobre o museo aquí.
20h, 23h, 24h e 1h – Visitas guiada ao pazo e os xardíns históricos que datan de finais do século XIX.
20h, 22h, 24h e 1h – Visita á sala de arqueoloxía, que abarca desde o paleolítico ata a romanización. Cóntannos como era a vida no Vigo primixenio e os seus arredores: como pescaban, que comerciaban, a que deuses adoraban e como enterraban aos seus mortos.
21h – Recital lírico con voz e piano no atrio do xardín dianteiro A auga na poesía e a música en Galicia. Interpretado por Susana de Lorenzo, soprano, e Alejo Amoedo, piano.
Máis
Hora
18 agosto, 2023 20:22(GMT+02:00)
Localización
Museo Quiñones de León
Parque de Castrelos, Av Castrelos, s/n, 36213 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualoutubro
Séguenos nas redes