REVISTA SETEMBRO

Noite Branca: Casa das artes

18ago20:22Noite Branca: Casa das artesARTE E MUSEOS | De balde20:22(GMT+02:00) Casa das Artes

Detalles do eventos

A Noite Branca en Vigo celébrase o venres 18 de agosto con xornadas de portas abertas gratuítas en todos os museos da cidade, que ademais ofrecerán visitas guiadas ás súas exposicións ata as dúas da mañá.

Ademais da entrada gratuíta e as visitas guiadas á rede museística, levarase a cabo o programa O Triángulo da arte, que presenta propostas vangardistas e creativas de música e artes escénicas na porta dos museos, ao aire libre e achegando a creación contemporánea á cidadanía. Este triángulo terá os seus vértices no Museo MARCO, Pinacoteca e Casa das Artes.

Casa das artes

O museo amplía o horario de visitas ata as 2h.

A casa das artes conta cunha colección permanente que pódese consultar aquí. Agora mesmo ten tamén a exposición Laxeiro, paisaxes de adolescenciaque ilustra o momento no que o artista , acabado de chegar de La Habana, aínda andaba á procura dunha mirada propia.

O TRIÁNGULO DA ARTE – Actuacións na entrada da Casa das Artes

21h – Colectivo POETRY+AI=ART. Colectivo de creadores e tecnólogos galegos. Formado por Ismael Faro, Mariel Martínez e Marcos de la Fuente. Poesía transformada en arte dixital a través da Intelixencia Artíficial e a programación en código. Poesía 3.0 e Videopoesía proxectada nas paredes da sala central.

21:30h – Juanma Lodo. Artista e investigador visual que mistura son e videoarte, deconstruíndo o concepto de peza de arte visual a través do video mapping.

22h – Marcia Vazquez presenta Vaivén. A artista viguesa preséntanos unha peza escénica de danza contemporánea. Un paseo polas lembranzas de todo o que rodea ó mar en Galicia.

Máis

Hora

18 agosto, 2023 20:22(GMT+02:00)

Localización

Casa das Artes

Policarpo Sanz, 15, Vigo

Other Events